Els equips en acció

Aquest és el dia a dia de les escoles durant la missió!

RADIOACTIVE TEAM 51

2023-2024 / Fes visible l'invisible

5è · COLEXIO GUILLELME BROWN
Pereiro de Aguiar · Ourense
Lab1 Matèria
Només existeix allò que veiem?

O CO2 OCUPA O LUGAR DO OSÍXENO
13/11/2023

Aprendemos varias cousas: O primeiro é que o bicarbonato de sodio e o vinagre son moi contrarios e cando os xuntamos se produce un gas chamado CO2 ( dióxido de carbono) que é ese gas que os seres vivos botamos o respirar. Fixemos varios experimentos para ver os efectos que produce: a) Mesturamos bicarbonato de sodio e vinagre en diferentes cantidades para ver a cantidade de gas que producían. Collemos 3 botellas de 50 cl e mesturamos diferentes cantidades de reactivos ( bicarbonato de sodio e vinagre). Puxémoslle un globo par recoller o gas e vimos que cantos máis reactivos botáramos, máis gas se produce. b) Usamos ese gas para botarllo encima das candeas prendidas e vimos que cando lle botábamos o gas que saía do globo, as candeas se apagaban. c) Botamos ese gas dentro dun vaso de precipitados e logo, collemos unha candea con pinzas e a metemos dentro do vaso pero de seguida a candea se apagaba. Chegamos á conclusión de que as candeas necesitan osíxeno para acenderse e o botarlle dióxido de carbono enriba, este gas é máis denso que o osíxeno e fai que se desprace ó fondo do vaso. Por iso cando estamos metendo a candea no vaso, non hai osíxeno senón dióxido de carbono e así a candea non arde.


Lab2 Força
Per què es mouen les coses?

A FORZA QUE ILUMINA A CIDADE
01/02/2024

Ao longo deste reto aprendemos moitas cousas relacionadas con campos electromagnéticos, é dicir, a relación entre a electricidade e o electromagnetismo. Aprendemos a facer circuítos eléctricos, para iso precisamos dunha pila, unha lámpada, un soporte para a lámpada, uns cables condutores da electricidade e pinzas de crocodilo. Respecto a súa elaboración, puxemos as pinzas de crocodilo no polo positivo e negativo da pila e a corrente eléctrica desprázase continuamente dun polo ata outro (se o cable non esta interrompido). Ademais, relacionamos esta aprendizaxe coa nosa vida diaria, comprendendo como funciona a electricidade nas nosas casas. Por outra banda, tamén aprendemos que o compas sempre apunta ao norte porque é atraído por el. Cando a ese compás lle poñemos cerca un circuíto grande eléctrico, a súa agulla non comeza a dar continuamente voltas, xa que a corrente eléctrica inflúe no compás (atráense, move o compás e este deixa de apuntar ao norte).


Lab3 Energia
Què provoca els canvis?

A MAXIA DO SOL
20/03/2024

Neste experimento comprobamos que o Sol nos envía raios térmicos. Xa comprobamos cun disco de Newton que a luz branca non é tan branca, senón que ten 7 cores, os mesmos que o arco da vella e tamén que vemos os obxectos de cores diferentes porque estes obxectos absorben as cores que non teñen : vemos vermella unha mazá porque colleu todas as cores da luz, agás a vermella porque xa ten esa cor. Enchemos varios globos de distintas cores e puxemos unha lupa en línea directa co Sol. Vimos como algúns globos estoupaban moi pronto e outros non. Comprobamos que dependía da cor: o negro estoupaba rapidísimo porque se queda con todos os raios das distintas cores e polo tanto absorbe máis raios térmicos. As cores escuras estoupaban máis rápido e as claras tardaban máis. Con isto, aprendemos que no verán debemos de traer roupa branca ou clara para que non absorba todos os raios do Sol, mentres que no inverno, é mellor a roupa escura.


Lab4 Llum
Què veiem amb la llum que no veiem?

A LUZ QUE CONFUNDE ÓS NOSOS OLLOS
03/05/2024

Con este experimento aprendemos que a luz do Sol ten moitos tipos de raios, aínda que non os vexamos sabemos que existen ó facer algúns experimentos. Comprobamos que a luz branca non é tan branca, pois está dividida en 7 cores. Para ver isto utilizamos un disco de Newton, que é un círculo dividido en 7 cores e que facemos xirar para comprobar como se mesturan esas cores e soamente vemos unha, o branco. Con un prisma que puxemos cara o Sol, vemos como a luz solar ó atravesar o prisma se dividía en 7 cores, os mesmos que os do arco da vella. Sacamos a conclusión de que o branco non é unha cor senón que é a mestura de 7 cores. Tamén comprobamos a existencia doutros raios que non vemos cos nosos ollos pero si que os podemos ver utilizando unha cámara fotográfica cando pulsamos o mando da tele. O caso dos raios ultravioleta deixounos moi impresionados porque comprobamos a importancia de usar cremas solares de protector alto. Aprendemos moitas cousas sobre os raios do Sol, sobre todo sobre o que non podemos ver cos nosos ollos pero sabemos que existen facendo algúns experimentos.


Meta
Una última passa per al final


27/05/2024

Pasámolo moi ben facendo os retos de Misión Alba, aprendemos moitas cousas de diferentes materias porque foron 4 retos moi diferentes: 1.- O misterio das velas que se apagan soas. Este reto ensinounos moito sobre o comportamento de dous gases fundamentais para a vida: o CO2 e o osíxeno 2.- O segunda reto trata das forzas. Fixemos experimentos con circuítos eléctricos e con imáns 3.- No terceiro reto comprobamos coma os raios do Sol non son todos iguais, ademais da luz branca tamén ten raios térmicos que nos dan calor 4.- No cuarto reto fixemos varios experimentos para comprobar outros raios que nos envía o Sol: os raios UVA e quedounos moi claro que é moi necesario utilizar cremas solares de protección alta para evitar o dano que nos poden facer estes raios UVA. Ó facer estes retos, aprendemos moitas cousas de ciencia e axudounos a preparar os experimentos que fixemos para a Expociencia e a Galiciencia Moitas grazas ós científicos de Sincrotrón Alba e esperamos que nos propoñan máis retos para o próximo curso







Una iniciativa de:


Alba

En col·laboració amb:


Produïda per:


eduXarxa

Utilitzem cookies pròpies i de tercers per a finalitats analítiques i tècniques; tractant dades necessàries per a l'elaboració de perfils basats en els teus hàbits de navegació.
Pots obtenir més informació i configurar les teves preferències des de 'Configuració de cookies'.

Configuració de cookies