Els equips en acció

Aquest és el dia a dia de les escoles durant la missió!

Los científicos locos 33

2023-2024 / Descobreix el poder de la llum

6è · COLEXIO GUILLELME BROWN
Pereiro de Aguiar · Ourense
Lab1 Llum & Moviment
Atrapa la llum!

O L´SDR
20/12/2023

Neste reto nos sentimos fascinados co que podía facer a luz, descubrimos o que é a reflexión e a refracción da luz e como se comporta ó atravesar diferentes medios. Vimos como se comportaba ó atravesar ós orbeez e cando lle botamos auga, desaparecen e a luz se comporta de xeito diferente. Xogamos cun raio láser para enfocar nun recipiente con auga, enfocando con diferentes ángulos para ver como saía da auga ó aire e tamén como volvía a entrar na auga. Así entendemos perfectamente como funciona a fibra nas comunicacións que chegan ata as nosas casas.


Lab2 Llum & Materials
Joc d’ombres!

ENTRE AS SOMBRAS
19/03/2024

Utilizamos unha caixa de zapatos, recortamos un rectángulo e cubrímolo con papel de cebola, enfronte recortamos un círculo no que puxemos unha lupa e a pegamos na caixa. Metemos un obxecto na caixa e enfocamos cunha lanterna sobre a lupa e vimos a sobra do obxecto sobre a parede. Logo metemos máis obxectos: opacos, translúcidos e transparentes. A nosa conclusión é que as sombras dos obxectos pódennos mostrar de que obxecto se trata.


Lab3 Llum & Visió
Captura la imatge!

AS SOMBRAS CONTRARIAS
22/03/2024

Usamos a mesma caixa que do reto anterior. Pintámola de negro e puxemos unha lupa por diante do burato que fixéramos na caixa. Collemos un obxecto e enfocámolo cunha luz, fomos xogando coa luz ata atopar o punto exacto no que o obxecto reflexábase no papel pero ó revés. Con este experimento vemos o funcionamento do ollo humano.


Lab4 Llum & Innovació
Il·lumina la foscor!

LAMPATELLA LUMINOSA
16/04/2024

Con este reto fomos conscientes dos efectos da refracción da luz. Descubrimos que con unha garrafa de auga podemos ampliar o efecto luminoso dunha lanterna. Xogamos coa luz e coa garrafa, engadíndolle diferentes elementos para ver os efectos luminosos que se provocaban. Algúns dos elementos ou materiais que usamos foron: colorante alimenticio, orbeez, papeis de cores, papel de aluminio, etc. Chegamos ás conclusións de que podemos chegar a refractar moita luz sen ter que gastar moita electricidade, así que podemos utilizar o fenómeno da refracción producida pola auga para ampliar a luminosidade dun local.


Meta
Una última passa per al final


07/05/2024

Con Misión Alba aprendemos moitas cousas e encantáronnos os desafíos que nos puxestes . Aprendemos moito sobre as propiedades da luz: a refracción e reflexión; tamén como aproveitar esas propiedades. O reto que máis nos gustou foi o de “Iluminar a escuridade” , como facer unha lámpada de Moser, porque a maiores de ser creativo apórtanos a posibilidade de reciclar materiais, innovar no deseño de vivendas ou de outros espazos e aportar posibilidades de iluminación en vivendas onde non chega a electricidade ou simplemente non poden pagar o seu custo. Moitas grazas a todos os científicos de Misión Alba por aportarnos tantas emocións e por tratarnos tan ben ó considerar que os alumnos/as de 6º tamén podemos facer ciencia. Unha aperta para todos/as e esperamos vernos pronto







Una iniciativa de:


Alba

En col·laboració amb:


Produïda per:


eduXarxa

Utilitzem cookies pròpies i de tercers per a finalitats analítiques i tècniques; tractant dades necessàries per a l'elaboració de perfils basats en els teus hàbits de navegació.
Pots obtenir més informació i configurar les teves preferències des de 'Configuració de cookies'.

Configuració de cookies